Galicia

SOS Sanidade Pública advirte dunha «masiva privatización» na sanidade pública

A plataforma SOS Sanidade Pública mantivo un encontro este luns, en Santiago, no que os seus responsables salientaron a necesidade de transmitir á cidadanía unha alerta sobre a «inminente privatización masiva» de distintos ámbitos do sector que está a levar a cabo a Xunta.

No encontro, os integrantes da plataforma sobre un informe que alerta sobre a «inminente introdución de novas privatizacións na sanidade pública”, así como sobre os nexos de grandes multinacionais do sector con gobernantes a nivel galego, estatal e europeo.

«Os Gobernos privatizan servizos e regálanllos a empresas con nomes e apelidos e con amigos na administración», criticaron e alertaron da perda de calidade dos servizos ou o acceso de terceiros a información médica confidencial a través da historia clínica electrónica.

Os integrantes da plataforma queren facer chegar as súas preocupacións á cidadanía e pedir a súa mobilización e colaboración para «blindar a sanidade pública» fronte á privatización.

En concreto, advertiron do peche de camas, as listas de espera, os «marxinados do sistema» e a confidencialidade da historia clínica.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.