Ciencia y Tecnología

Estrean en Youtube un documental que aporta probas sobre a orixe galega de Colón

Non hai que desbotar que Colón poidese proceder de Lugo

“A clave de Cristóbal Colón, o nobre galego que descubriu América”. Ese é o título dun documetnal estreado este sábado en Youtube e que pretende avalar a tese da orixe galega de Colón.

Segundo salienta este domingo Galicia Confidencial, o mesmo foi realizado e dirixido por Carlos de Vilanova, contén os testemuños dos máis relevantes investigadores sobre a orixe e verdadeira identidade do navegante máis famoso de todos os tempos: Alfonso Philippot, Guillermo García de la Riega, José Martinho Montero Santalha, Fernando Alonso Conchouso, Manuel Doval, así como a participación especial do ex-presidente da Xunta, Xerardo Fernández Albor. Todos eles avalan esta teoría.

Entre as probas que se aportan para defender que Colón era galego, están o léxico do propio almirante da mar océano – con máis de 500 termos galegos- ou a toponimia americana -mais de cen nomes das Rías Baixas impostos no mesmo orde xeográfica que teñen en Galicia-.

 

También te puede interesar