O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas será o escenario, do 9 ao 11 de maio, da segunda edición do curso de formación sobre visitas guiadas nos espazos naturais protexidos, que darán a coñecer os profesionais relacionados co sector turístico os valores deste ámbito protexido.
Coordinado por José Antonio Fernández Bouzas, director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o curso dotará os participantes das “técnicas básicas de comunicación para transmitir os valores do lugar e saberse desenvolver correctamente» no traballo cos visitantes.
Para iso, amosarase unha «visión integral» deste parque que «é referente de conservación e da sostenibilidade», se ensinará a manexar técnicas de interpretación do patrimonio «para comunicar de xeito eficaz» e a deseñar paradas de visitas guiadas accesibles, e darase a coñecer os criterios de accesibilidade á hora de elaborar materiais escritos.
Os interesados poderán inscribirse ata o próximo martes, 6 de maio, no teléfono 653 226 737 e aboar unha matrícula cun importe de 50 €.
