Sucesos

Morre atropelado, en Ribeira

J.G.A, un home de 84 anos, morreu este xoves no concello de Ribeira, atropelado por un tractor cando cruzaba a estrada.

Segundo o 061, o suceso aconteceu pouco despois do mediodía deste xoves, cando o home, que cruzaba por unha estrada, foi atropelado por un tractor que circulaba por esta e que, ao parecer, non o viu.

Ata o lugar do suceso desprazouse unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Ribeira que, non obstante, só puideron certificar a morte do home.

 

También te puede interesar