Vigo al minuto

Coñecer en tempo real a localización dos buses vigueses polo móbil

Preséntase en Vigo, a nova ferramenta infoBús para recibir no móbil a información actualizada dos buses urbanos. O convenio entre o goberno local e a concesionaria do servizo, VITRASA, permite a súa aplicación en 1.200 paradas aproximadamente da cidade olívica.

A medida pioneira nos transportes públicos de Galicia é de carácter gratuito. O usuario escanea o código QR, sempre que o teléfono dispoña dunha aplicación de lectura; ou aproxima o móbil coa tecnoloxía NFC para obter a información en tempo real das liñas establecidas polo medio de transporte.

A iniciativa engádese a outros sistemas de información efectuados pola compañía para ofrecer información aos viaxeiros sobre o percorrido do autobús. Mediante a aplicación BusVigo, pódese coñecer a hora aproximada de paso, as paradas cercanas mostradas en plano e localización GPS, así como a posibilidade de calcular a ruta.

 

 

También te puede interesar