RGPD - Cookies
Galicia

54 feridos nas estradas galegas nun fin de semana sen mortos en acidentes de tráfico

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 54 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 25, e as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado e o domingo con 16 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 46 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 39 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 54 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62 e do 38 %, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 40 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 29 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 52. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a un sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 47 sinistros, os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dúas ocasións, e as ambulancias convencionais acudiron a dous sinistros.

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, catro persoas se trasladaron a un centro de atención primaria e dúas persoas asistíronse no punto sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar