Empeza a montaxe de ‘A Esmorga’

Ignacio Vilar e José Manuel G. Moyano, traballando

A esmorga filme avanza no seu camiño cara aos espectadores e iniciou nesta mesma semana o seu periodo de montaxe.

“Logo dunha rodaxe tan intensa, dura e húmida como a propia atmosfera da novela de Eduardo Blanco Amor, sentámonos agora para editar as secuencias rodadas e darlles a forma definitiva para aterrar en todas as salas de cinema”, asegura o director da película, Ignacio Vilar.

Miguel de Lira (Somos gente honrada –Premio Mestre Mateo á Mellor Interpretación masculina protagonista; Karra Elejalde (8 apellidos vascos, También la lluvia –Premio Goya á Mellor Interpretación masculina de reparto) e Antonio Durán “Morris” (Doentes, El menor de los males) protagonizan esta película que chegará aos espectadores no último trimestre deste ano.

Ignacio Vilar e José Manuel G. Moyano, montador, atópanse en Petín de Valdeorras dedicados en exclusiva a este traballo, e alí estarán durante o mes de maio ultimando esta longametraxe.

 

También te puede interesar