Sucesos

Detido un peregrino acusado de agredir sexualmente a unha camiñante en Sarria

A Garda Civil detivo un peregrino por, supostamente, agredir sexualmente unha muller no Camiño de Santiago ao seu paso polo concello lucense de Sarria. Segundo fontes da investigación, a detención produciuse entre este venres no Camiño de Santiago na provincia de Lugo.

O peregrino arrestado foi trasladado a dependencias da Comandancia da Garda Civil en Lugo para prestar declaración asistido por un intérprete.

As mesmas fontes precisaron que, segundo os primeiros datos, tanto o peregrino detido como a camiñante realizaban o Camiño por separado.

 

También te puede interesar