RGPD - Cookies

Os 744.241 pensionistas galegos, os que menos cobran do Estado

O número de pensións era, a principios deste mes, en Galicia, 744.241, o que presenta un incremento do 1 % con respecto ao mesmo mes do ano anterior, cunha media de 731,73 € ao mes- a máis baixa do Estado-, segundo os datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Por provincias, 285.845 prestacións corresponden a A Coruña -un 1,3% máis que o ano pasado-; 229.818, a Pontevedra -1,5% máis-; 119.422, a Lugo -0,1% menos-; e 109.156, a Ourense -0,4% máis-, segundo os datos do INSS.

En canto á contía media, a máis elevada de Galicia corresponde a A Coruña, con 771,63 € –un 2% máis que en abril de 2013-; seguida de Pontevedra con 771,25 € -un 1,9% máis–; Lugo, con 649,05 € -un 1,8% máis- ; e Ourense, con 634,52 -un 1,6% máis-.

A pensión media de xubilación alcanzou os 825,42 € e 460.267 pensionistas; a de viuvez, os 525,99 € e 186.312 beneficiarios; a de orfandade, os 364,8 € e 22.885 prestacións.

Pola súa banda, a pensión media de incapacidade permanente situouse en abril en Galicia en 806,02 € e 69.029 beneficiarios; e á favor de familiares, nos 467,03 € e 5.748 pensionistas.

 

También te puede interesar