Galicia

Os concellos que se opoñen ao ‘canon de Sogama’ devolverán as facturas de recollida do lixo

Os concellos que se opoñen á suba do canon de Sogama devolverán integramente as facturas pola xestión dos lixo, segundo o alcalde de Monforte, que é o voceiro do cento de concellos que se opoñen á suba do 34% do recibo da recollida de residuos.

Severino Rodríguez, “segundo o contrato que temos asignado con Sogama os recibos non son correctos porque o contrato di que o prezo do lixo é o establecido máis o IPC», polo cal, adiantou este mércores, “a factura vai ser devolta co aval do informe de intervención e de secretaría e despois é Sogama quen ten que contestar a ese informe e á devolución”.

Rodríguez acusou á Xunta de levar adiante unha imposición e de «pasarlle a responsabilidade aos concellos» e advertiu que non o van a aceptar considerando que están actuando de xeito legal.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.