Vigo al minuto

O BNG pedirá no Pleno do Concello a volta ao sistema de empréstito de libros nos colexios

O BNG presentará unha moción no próximo Pleno da Corporación para que se esixa á Xunta a volta ao sistema de empréstito de libros de texto como primeiro paso para chegar á gratuidade de todos os que se usen nos ensino público. A voceira do Bloque no Concello pedirá que se dote aos colexios de persoal para xestionar ese sistema para que non dependa so das nais e país dos alumnos.

Preguntada polos xornalistas sobre a volta do ‘Cursos de inglés’ no Reino Unido, anunciada polo alcalde, Iolanda Veloso salientou que ese é un programa que serviu para que Abel Caballero «se fixese fotos», pero que “non é prioritario á vista da situación de moitas familias”. Veloso salientou que “antes de pagar viaxes a Inglaterra de 15 días, o alcalde debería garantir que tivesen acceso a cuestións básicas, como o comedor, ou os libros”.

A nacionalista repetiu que para a selección dos rapaces que participan no mesmo non se ten en conta a renda das súas familias, senon que só se basean en datos académicos polo cal, negou que se tratase dun programa para os fillos dos traballadores e denunciou que as familias dalgúns dos alumnos becados tiñan cartos para pagarse a viaxe, a estancia e os cursos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.