Galicia

Dous mortos e 48 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 48 persoas debido a 32 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 11, ata as 12 da noite deste domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado e o domingo con 11 accidentes.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 40 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 32 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 48 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 70 e do 30 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 27 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 17 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 51. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 38 sinistros, os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións, e as ambulancias convencionais acudiron a tres sinistros.

En 44 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, dúas persoas se trasladaron a un centro de atención primaria e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar