RGPD - Cookies
Vigo al minuto

Atlántico plantexa outro ERE que deixará sen traballo a 10 empregados, entre eles todos os fotógrafos

El Comité de Empresa e dirección de Atlántico Diario están a negociar os aspectos dun segundo Expediente de Regulamento de Emprego (ERE), que seguiría os pasos do presentado hai uns meses na outra cabeceira do grupo, ‘La Región’, e que aínda non concluiu. Esta proposta de ERE chega case un ano despois doutro feito por esta cabeceira e que deixou ao corpo laboral nun estado precario.

Tan só preto de 30 traballadores conforman o xornal vigués e nesta ocasión o ERE afectaría a 10 deles, deixando unha exigüa plantilla para sacar á rúa a edición diaria. A proposta feita pola empresa contempla o desmantelamento de departamentos como fotografía ou producción. Esta medida iría acompañada dunha rebaixa salarial do 10% para o resto de empregados.

Aínda que sen prazos marcados, a partir do vindeiro 1 de maio os colaboradores habituais da cabeceira deixarán de prestar os seus servizos a Atlántico Diario, algún deles na sección de ‘Opinión’ xa se despediu dos lectores estes días ao non contemplar seguir colaborando sen cobrar. Segundo o Sindicato de Xornalistas, «as pautas marcadas son similares ás levadas a cabo hai uns meses en ‘La Región’, que levou á externalización dos servizos».

 

También te puede interesar