RGPD - Cookies
Galicia

Volven a pecharse bateas nas Rías Baixas logo da aparición de biotoxinas

Bateas/Tresyuno Comunicación

A presenza de biotoxinas obrigou, de novo, a pechar varios polígonos bateeiros nas Rías Baixas, onde permanecen pechados dende finais de marzo e principios deste mes de abril viveiros flotantes do Grove, Portonovo, Bueu e Cangas.

Segundo o último parte do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) os últimos peches producíronse en O Grove e Cangas, onde este mesmo mércores se procedeu á prohibición de extraer ostra no polígono Grove B (F) e no Cangas D, na ría de Vigo.

Este martes, pecháronse os de mexillón Grove C1, C2, C3 e C4, na ría de Arousa. Na de Pontevedra, os polígonos denominados Portonovo A, B e C están pechados dende este martes, o pasado sábado e o 28 de marzo, respectivamente. En Bueu, atópanse en igual situación o B, A2 e A1 dende o 31 de marzo.

Mentres, aínda en Pontevedra, os polígonos Cangas A e B tamén teñen prohibida a extracción de mexillón dende este martes e o sábado pasado.

O ano pasado, a marea vermella mantivese inactivos durante meses numerosos polígonos de toda Galicia, motivo que levou á Xunta a aprobar, o pasado febreiro, unha orde de axudas por valor de 1,5 millóns de euros.

 

También te puede interesar