RGPD - Cookies
Vigo al día

Rafael Amargo, este sábado, día 12,no Auditorio Mar de Vigo

Rafael Amargo, este mércores na presentación da súa actuación/Tresyuno Comunciación

O bailarín e coreógrafo Rafael Amargo presentará, o próximo sábado, día 12 de abril, o seu novo espectáculo, «Eclectic Man», unha montaxe chea de forza na que a súa compañía e músicos estarán arroupados por Laura Llader e os Nenos do Pelouro– aos cales donará o seu caché por actuar en Vigo-.

«Eclectic Man» xoga coa propia natureza dun bailarín que soubo conxugar o flamenco e a danza de raíz co máis espectacular do baile contemporáneo. Amargo elixiu o Auditorio «Mar de Vigo» para estrear un espectáculo que levará logo por todo o Estado, “en principio Madrid e Barcelona” e, máis adiante por varias capitales estranxeiras.

Rafael Amargo, como él mesmo indicou, é un bailarín e coreógrafo “ecléctico”. Soubo inspirarse no máis puro flamenco dos seus mestres- como Antonio Gades- pero á vez asimilou outro tipo de tendencias coreográficas, como as ensinanzas na escola de Marta Graham durante a súa estanza en Nova Iorque.

En «Eclectic Man», Rafael Amargo reivindica a súa arte para conxugar xéneros diversos e levalos á escena para chegar a públicos de todo mundo. Amargo é un reivindicador da compañía de baile, e do “concepto teatral e escénico do flamenco” e, como él mesmo indicou, mantén unha “incansable busca de inspiración en todas as disciplinas plásticas, pola súa relación co mundo artístico e cultural”, que lle permitiu ser apadriñado nos inicios da súa carreira por artistas como Luis Gordillo ou Esperanza D’Ors; ser fotografado por Bruce Weber e Christopher Makos, ou coreografiar, para o Museo Chillida de Hernani, unha peza inspirada na obra do escultor.

Ao longo da súa traxectoria, Amargo recibiu catro Premios Max de las Artes Escénicas, o Premio ao Mellor Espectáculo da Década -por Poeta en Nueva York, en 2002- ou que foi nomeado aos «Lawrence Olivier Awards» como Mellor Coreógrafo de Teatro pola súa montaxe do musical «Raposo», no West End de Londres.

 

También te puede interesar