Galicia

Relacionan aos seis detidos en Santiago polos altercados do cerco co independentismo e anarquismo

FOTO: @ErnestoIlkermn/ A Policía vincula os seis detidos en Santiago en relación cos altercados producidos na protesta do sector do cerco, o pasado 11 de marzo, co movemento “independentista radical e o anarquismo”. Aos detidos impútanselles delitos de desordes públicas, atentado a axentes da autoridade, lesións e danos.

Segundo fontes da investigación, a Policía desvincula as detencións cos propios mariñeiros do sector do cerco, que chegaron ata o Parlamento de Galicia para reivindicar unha nova repartición da cota da xarda e o xurelo nunha manifestación que rematou cun enfrontamento entre protestantes e policías nas rúas de Compostela.

Estas seis persoas, segundo as mesmas fontes, serían responsables dos grandes altercados da protesta de aquel día e “son coñecidas pola súa pertenza ao anarquismo e independentismo radical violento”.

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, o 11 de marzo en Santiago, un grupo de persoas que acudiu á manifestación, a cal modificou o seu percorrido e das dependencias de San Caetano desviouse o Parlamento, “intentou romper o cordón policial, botando botellas e pedras aos funcionarios policiais e levando a cabo a queima de varios colectores”.

A Policía engade que a “violenta actuación dun sector da mobilización provocou a intervención policial, producíndose diferentes incidentes nas zonas estremeiras” ao Parlamento, onde “grupos radicais montaron barricadas e produciron danos no mobiliario público”.

A Policía sinala que, como consecuencia dos feitos, resultaron feridos oito axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) e detivéronse tres persoas, as cales pasaron a disposición do Xulgado de Garda esa mesma tarde, quedando en liberdade con cargos.

As investigacións que realizou a Policía desencadearon as novas seis detencións deste luns, despois de “comprobar que nos incidentes participaron individuos que non están relacionados co sector da pesca senon vinculados con grupos antisistema e tamén do ámbito do independentismo radical violento”.

Os seis arrestados están pendentes de pasar a disposición xudicial en Compostela, unha vez rematadas as correspondentes dilixencias.

 

También te puede interesar