Comarcas

Louzán presentará en Arxentina, o día 15, ‘Os centros da emigración pontevedresa en Bios Aires’, de Martín Fernández

Rafael Louzán/Tresyuno Comunicación

O presidente da Deputación de Pontevedra presentará o martes da próxima semana, 15 de abril, o libro ‘Os centros da emigración pontevedresa en Bos Aires’ do noso compañeiro o xornalista Martín Fernández durante un encontro coa colectividade.

Segundo recolle a webGalicia Exterior‘, a publicación do devandito libro responde a un compromisoadquirido por Rafael Louzán cos colectivos de emigrantes pontevedreses para escribir a súa historia na capital setentrional.

Para cumprilo, encargou a realización de dous libros: ‘Historia da emigración pontevedresa en Bos Aires’ dos profesores Xosé Manuel Núñez Seixas, Pilar Cagiao, Rocío Botana, Pilar Rojo e Xosé Manuel Malheiro; e o que se presentará o día 15, ‘Os centros da emigración pontevedresa en Bos Aires’, de Martín Fernández.

O libro de Fernández recolle a historia dos distintos centros pontevedreses, baseándose nas propias actas das distintas sociedades dende a súa constitución ata a actualidade e está ilustrado con fotos das distintas directivas e de diversos actos sociais celebrados por cada entidade.

No prólogo, Louzán destaca que é “unha homenaxe de gratitude, recoñecemento e respecto” aos emigrantes pontevedreses. O acto terá lugar no Centro Galicia, na rúa Bartolomé Mitre, ás 20,00 horas do 15 de abril.

 

También te puede interesar