RGPD - Cookies
Destacados

UGT e CCOO,chaman a mobilizarse o xoves

UGT e CC.OO. chamaron a mobilizarse este xoves, 3 de abril, para esixir «un cambio de rumbo nas políticas de austeridade e de recortes» que se aplican tanto na Unión Europea coma no Estado e Galicia e para advertir de que a saída da crise non se producirá se non se poñen en marcha medidas de inversión.

En rolda de prensa, os secretarios xerais dos sindicatos, José Antonio Gómez (UGT) e Xosé Manuel Sánchez Aguión (CC.OO.), animaron os cidadáns a participar nas concentracións, que serán nas sete maiores cidades (ás 8 da tarde en todas elas salvo en Vigo, onde será ao mediodía) e en Vilagarcía, prevista para as 7 e media da tarde.

 

También te puede interesar