Galicia

A reunión entre a Xunta e os concellos ‘críticos’ con Sogama remata sen acordo

A reunión entre o conselleiro de Medio Ambiente, e representantes dos alcaldes críticos coa suba do canon de Sogama –representados polos rexedores de Monforte, Ribadavia, Rianxo e O Barco de Valdeorras e o concelleiro vigués Ángel Rivas- rematou sen acordo e os alcaldes advertiron de que manterán as medidas de protesta contra este incremento do 34% que se aplicará este ano.

O concelleiro Hernández manifestou aos xornalistas que a Xunta trasladou “unha proposta clara, que pasa por crear unha mesa de negociación sobre o plan de residuos” e por que os concellos se incorporen ao consello de administración da empresa pública a través dunha entrada no seu capital. “Dá a sensación de que o único que querían era un compromiso dunha achega económica da Xunta, que nin é vontade do Goberno nin é posible”, sinalou.

A proposta dos alcaldes consistía en repartir o incremento no canon entre os municipios, a Xunta e a propia Sogama e aseguraron ao remate da xuntanza que Medio Ambiente “déixanos sen saída, porque a do conselleiro é unha proposta inaceptable”.

Á espera da resposta do resto dos ‘concello críticos’, os alcaldes adiantaron que as protestas continuarán e xa traballan nun recurso contra a suba do prezo que Sogama. Os alcaldes indicaron que trasladaron a súa disposición a deixar o prezo de 2014 como está” pero non existe un “compromiso” da Xunta de “ir á metade dese custo”.

 

También te puede interesar