Deportes

Laura Dosil cae nos cuartos de final do Mundial de Taekwondo que se celebra en China Taipei

Quedou moi preto das medallas. A só un paso. Laura Dosil (-59) gañou os dous primeiros combates e caeu nos cuartos de final do Mundial Júnior fronte a representante de Grecia nun apertado combate (4-2) que se decidiu a favor da grega a falta de dez segundos para o final. Moi bo traballo de Laura na súa primeira participación nun mundial.

Comezou a competición contra a francesa Elodie Zahlan e logrou o pase con dous puntos de diferenza (8-6). Na segunda rolda enfrontouse á representante de Azerbaian, Zeyvi Karimova, e neste combate foi moi superior á súa rival (9-2), logrando o pase para os cuartos de final.

Aquí esperaba a taekwondista de Grecia, Maria Moysidou, nun rifado enfrontamento no que estiveron sempre igualadas. Tanto, que todo se decidiu finalmente a falta de 10 segundos para o remate do combate, e así escapouse a medalla de bronce para a galega.

Foron tres as representantes galegas (Sabela López, Ruth Tilve e Laura Dosil) no Mundial de Taekwondo Júnior, que se está a celebrar en China Taipei coa participación de preto de 1.000 deportistas representando a 100 países de todo o mundo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.