Vigo al día

O alcalde fala do acordo co PP sobre os presupostos municipais, “¡qué pedazo de acordo!”

A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o líder do PP en Vigo, Chema Figueroa, este venres amosando que as relacións PP-PSOE melloraron/Tresyuno Comunicación

O alcalde visitou este venres os traballos de demolición do antigo restaurante As Dornas, en Samil, obra iniciada hai unha semana e que concluirá nun prazo estimado en 3 meses. Caballero anunciou que o mobiliario en bo estado será entregado aos comedores sociais que o precisen.

O Concello de Vigo creará unha zona verde no solar, unha vez rematen as obras de derrubo do inmoble, zona que “vai mellorar moito a praia de Samil e o seu aspecto ao suprimir un obstáculo visual moi consistente”.

A preguntas dos xornalistas, Caballero repetiu que “haberá acordo” co PP para aprobar os orzamentos deste ano e criticou a aqueles que piden grandes acordos entre partidos e logo “rásganse as vestiduras cando esos pactos poden chegar”. O alcalde calificou de “actitude antiVigo” aquela de os que pretenden romper ese pacto e, insistiu, “haberá acordo, ainda que lle pese a intereses de fora”.

Caballero- que nos anteriores 6 presupostos chegou a acordos co BNG- indicou que algún deles tardou meses e que as negociacións co Partido Popular “van moito máis rápidas…os acirdos son procesos dinámicos e complexos…pero cando chegue..¡qué pedazo de acordo!…non é unha cousa calquera”.

 

También te puede interesar