Vigo al minuto

Veciños de Teis denuncian roturas de tubaxes de auga na Avenida de Galicia e Subida á Ponte

A Asociación Veciñal de Teis denunciou este luns que “en menos de 24 horas”, producíronse dúas roturas en tubaxes do barrio, este domingo na ‘Subida á Ponte’ e hoxe na avenida de Galicia. Segundo indica, estás roturas “provocaron novas molestias a veciñanza destas rúas”, co corte do subministro de auga desde 8 da mañá.

Os veciños subliñan que “nestas dúas rúas as roturas son continuas e non pasan dúas semanas sen elas, situación que padecemos desde hai anos”. A aasociación lembra que leva meses demandando a substitución das tubaxes de abastecemento de auga con continuas roturas e que “a resposta do Concello é moi lenta e insuficiente, pois aínda que no Plan de investimento de Aqualia para 2013, recolle por exemplo a actuación na avenida de Galicia, a día de hoxe está obra non se realizou” e, no proxecto, aprobado recentemente pola xunta de goberno do Concello para a renovación de redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Teis, fase 1, “non se inclúe nin a actuación na Avenida de Galicia, nin na Subida á Ponte”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.