Vigo al minuto

Este sábado, xornada central do Día Internacional das Mulleres, en Vigo

Este venres empezaron en Vigo os actor de celebración do Día Internacional das Mulleres que , neste 2014 ten o lema «Pola Defensa dos Dereitos Sexuais, Reprodutivos e Aborto».

Hoxe, día 8 de marzo, será a xornada central coa celebración da ‘Festa pola Igualdade’ na Praza da Constitución, presentada e dinamizada por Ana Carreira. De 5 a 7 e media da tarde haberá un espazo lúdico de Igualdade con xogos para nenos e nenas, ás 9 da noite, a música tradicional do grupo Tanxedoras e ás 10 do manifesto do Consello Municipal da Muller, tras o cal se iniciará o concerto de blues e canción de autora a cargo de Sés.

O próximo venres, 14 de marzo, ás 10 da noite, será o turno da entrega do II Premio de Igualdade «Ernestina Otero», desta volta para a xinecóloga Isabel Blanco Domínguez. O nomeado galardón, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade, entregarase no Hotel Coia.

Ademais, e coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Vigo Vello, desde o 28 de febreiro ata o 9 de marzo poderanse degustar nos establecementos do casco histórico as «tapas pola igualdade», a 2 €.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.