Vigo al día

Dous talentos no ‘Menu do día’, o de Carlos Blanco e o de Luis Davila

Carlos Blanco, este xoves, nun anaco da actuasión que serviu de presentasión do espectáculo/Tresyuno Comunicación

Aconsellaba Alberto Einstein non convertirse nun home de éxito senon nun home de valor. Seguro que non pensaba en Carlos Blanco e Luis Davila- Alberto tiña outras cousas na cabeza- pero se andivese por aquí vería neles a encarnasión daquela frase. Carlos e Luis son dous tipos de valor- cada cousa que fan valórase pola orixinalidade, a honestidade e o talento – que é iso do que quixeramos ter os que debemos conformarnos con ser teimudos- e valórase a esgalla, aplicando a esgalla eso de poñer dacordo en que algo gusta a sentos de personas- ao mesmo tempo ou escalonadamente ao longo do día o da semana.

Pero ademáis de ser dous tipos de valor, Blanco e Davila é que teñen valor. Isto é importante porque ter valor sen talento, orixinalidade e honestidade é ser coma o tenente Calceto- bisneto, neto e fillo… e él mesmo ,caídos no campo de batalla- pero ter valor con todo isto é moi útil se queres montar algo coma ‘Menu do día’.

‘Menú do día’ é un espectáculo no que Lus Davila vai debuxando mentres Carlos Blanco fala…e un debuxa en direto e outro fala en direto, e o fan ao mesmo tempo, de xeito que o que debuxa Luis ten que ver co que conta Carlos. Algúns xornalistas tivemos ocasión de ver este xoves o resultado e, logo de velo, podemos desir que recomendamos non perdelo.

A cousa é que as personaxes de Davila- coma Dora a desbrozadora- caenlle a Blanco coma a medida, algo ao que axuda o feito de que, por primeira vez, sexan animados, saíndo das tiras cómicas coas que sorrimos cada mañá. É máis, a causa é reversible, porque o xeito de contar, de moverse de pensar, de manexar a retranca de Blanco séntalle a Dora coma a bata esa que leva sempre.

Os debuxos de Luis Davila/Tresyuno Comunicación

A todo elo hai que engadir a aposta pola técnica –na que entra a animasión-, e coa música, composta para o espectáculo“que agardamos que non se nos vaia máis alá de hora e vinte”– por Budiño e Kepa Junkera.

Esta é recomendación de vigoalminuto e estes son os días, os lugares e os horarios das actuacións, en Galisia: 14 marzo, Cangas, venres, 10 da noite; 15 marzo Vigo, sábado, 10 e media da noite, 16 marzo, A Illa, domingo, 8 da tarde; 22 marzo, O Rosal, sábado, 10 e media da noite- a mesma hora que o 29 de marzo, sábado, en Vilagarcía; 4 abril Narón, venres, 9 da noite; 5 abril Ourense, sábado, 10 e media da noite; 11 abril Burela, venres, 10 da noite; 2,3 maio Coruña, venres e sábado, 8 e media da tarde e 11 da noite; 10 maio Monforte, sábado, 10 e media da noite; 24 maio Pontevedra, sábado, 8 da tarde e 10 e media da noite; 31 maio Santiago, sábado, 8 da tarde e 10 e media da noite.

Entradas á venda en servinova.com, excepto Narón, (teléfono de venda: 981 102897), e O Rosal, (teléfonos: 697480912 / 660 928686).

 

También te puede interesar