Vigo al minuto

Centos de personas asisten polo centro de Vigo ao cortexo fúnebre do Meco

Enterro do Meco/Tresyuno Comunicación

¡¡Aii o meu defuntiño, co feitizo que era!! O Meco 2014 acompañado por ducias de plañideiras, asistido espiritualmente por bispos, cregos e monxas recibiu sepultura este mércores en Vigo.

A 'nosa señora de Gallardón'/Tresyuno Comunicación

O cortexo fúnebre saiu pasadas as 6 e media da tarde da Praza da Constitución, seguiu por Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e de volta á Porta do Sol, seguido por centos de personas que aproveitaron que, co enterro foise tamén a choiva, e ateigaron o centro de Vigo para despedir ao rei do Entroido deste ano.

As autoridades eclesiásticas/Tresyuno Comunicación

Presidían a comitiva as autoridades eclesiásticas, unha peculiar representación da nosa señora de Gallardón, á que o Meco sempre tuvo moita devoción, e as ducias de viuvas que deixa o finado, que ia exposto no cadaleito no medio do arrecendo a incenso.

As viuvas/Tresyuno Comunicación

Para aquel@s que non poideron disfrutar do Entriodo deste ano o mal tempo fíxolles un favor xa que o desfile das comparsas, que tiña que celebrarse o pasado día 1, suspendeuse polo choiva e será este sábado, día 8, asi que, tendo en conta que segundo as previsión de MeteoGalicia, o día estará seco e despexado, non teñen excusa para non participar no mesmo.

 

También te puede interesar