Vigo al día

Os traballadores de Povisa convocan folga xeral o 17 de marzo

Traballadores de Povisa acordaron este xoves, enunha asamblea á que asistiron preto de 200 deles, que farán folga indefinida a partir do 17 de marzo para protestar contra o despedimento de 13 compañeiros e a modificación substancial das condicións laborais que afecta a un total de 67. O acordo foi adoptado con 61 votaron a favor, 48 en contra e 33 astencións.

Os empregados do tamén realizarán outras mobilizacións, entre elas, o próximo martes concentraranse a partir das 10 da mañá nos xulgados de Vigo, e o xoves reuniranse con inspección e coa dirección do hospital, tras o que se trasladarán ata a sede da Xunta.

Pola súa banda, a dirección do hospital salienta que chegou a acordos individuais de redución de xornada “con máis da metade dos traballadores afectados pola modificación das súas condicións laboráis”, polo que, adianta que non se farán efectivos eses 13 despedimentos.

Os responsables do centro médico –que denuncian o rexeitamento do Comité de Personal para chegar a acordos intermedios- indican que agardan que o número de despido sexa menor e que os mesmos, “que non se farán efectivos ate finais de marzo”, quedará fixado en base aos “acordos individuais aos que se chegue, nos próximos días, cos 46 traballadores afectados polos cambios”.

Esta versión da dirección de Povisa foi calificada polo comité de personal como unha “manipulación” e engade que, ata hoxe, so 15 personas estiveron dacordo en modificar voluntariamente as súas condicións laboráis.

A folga estará secundada por todos os sindicatos agás Comisións Obreiras quen pediu que se faga unha consulta con todos os membros da plantilla do hospital.

 

También te puede interesar