Vigo al minuto

Suspendido o xuizo de faltas contra dous afectados polas Preferentes

Afectados polas Preferentes (Arquivo)/Tresyuno Comunicación

O xuízo por faltas previsto para este mércores en Lalín contra Juan Freiría e Lois Bahúlo, afectados polas preferentes, quedou suspendido ao presentar os seus avogados documentación médica que acredita que non estaban en condicións de declarar e defenderse. A denuncia deriva da protesta acontecida no congreso no que Rafael Louzán foi reelixido como presidente do PP da provincia hai case un ano.

Segundo o voceiro da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, “o xuízo quedou suspendido e agardamos que a causa se arquive”.

Os feitos denunciados producíronse en marzo de 2013, durante a celebración do congreso provincial do PP en Silleda, ao que os Afectados polas Preferentes acudiron a protestar. As dúas persoas citadas a declarar este mércores, indicou Xulio Vicente, son dous titulares de preferentes que padecen “enfermidades mentais“. O voceiro da plataforma criticou que estas persoas se vexan inmersas en procesos xudiciais por “pedir que se faga xustiza que e se lles devolvan os seus aforros”.

Á marxe deste, hai máis casos pendentes de xuizo, de feito Xulio Vicente está citado o vindeiro 13 de marzo, en Vigo, por unha denuncia presentada polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, por un escrache. Hai que lembrar que Guitián ten que acudir a declarar como imputado diante do Xulgado de Instrucción Número 7 de Vigo lle atribúe un presunto delito de prevaricación administrativa pola suposta adxudicación irregular do servizo de mantemento dos parques e xardíns municipales.

 

También te puede interesar