Vigo al minuto

Suspendido o xuizo de faltas contra dous afectados polas Preferentes

Afectados polas Preferentes (Arquivo)/Tresyuno Comunicación

O xuízo por faltas previsto para este mércores en Lalín contra Juan Freiría e Lois Bahúlo, afectados polas preferentes, quedou suspendido ao presentar os seus avogados documentación médica que acredita que non estaban en condicións de declarar e defenderse. A denuncia deriva da protesta acontecida no congreso no que Rafael Louzán foi reelixido como presidente do PP da provincia hai case un ano.

Segundo o voceiro da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, “o xuízo quedou suspendido e agardamos que a causa se arquive”.

Os feitos denunciados producíronse en marzo de 2013, durante a celebración do congreso provincial do PP en Silleda, ao que os Afectados polas Preferentes acudiron a protestar. As dúas persoas citadas a declarar este mércores, indicou Xulio Vicente, son dous titulares de preferentes que padecen «enfermidades mentais«. O voceiro da plataforma criticou que estas persoas se vexan inmersas en procesos xudiciais por «pedir que se faga xustiza que e se lles devolvan os seus aforros”.

Á marxe deste, hai máis casos pendentes de xuizo, de feito Xulio Vicente está citado o vindeiro 13 de marzo, en Vigo, por unha denuncia presentada polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, por un escrache. Hai que lembrar que Guitián ten que acudir a declarar como imputado diante do Xulgado de Instrucción Número 7 de Vigo lle atribúe un presunto delito de prevaricación administrativa pola suposta adxudicación irregular do servizo de mantemento dos parques e xardíns municipales.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.