'Qué te cuentas?'

Se queres deixar WhatsApp e non te convence Telegram, agora tes ‘Galegram’

Ante as dúbidas que parece que está xerando a aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp, dubidabas aumentadas pola dificultade de elixir entre entre Line e Telegram, xurde Galegram, que emprega a estrutura de Telegram e é totalmente compatible con ela, e non só está en dispoñible en galego senón que ademais incorpora unha personalización gráfica con elementos do país.

Galegram está desenvolvida por Mc’Apps e pódese descargar de balde para calquera dispositivo que empregue Android., eso sí, se tiñas Telegram terás que desinstálalo, ir ao play store e Galegram.

Hai que decir que Galegram conserva as conversas, contactos, de Telegram e mellora as características deste, ao permitir ocultar o estado en liña ou introducir o modo walkie-talkie sen que os teus contactos con Telegram noten diferenza.

 

También te puede interesar