Sucesos

Afectados polas Preferentes de toda Galicia, este mércores en Lalín nun xuizo de faltas contra dos afectados enfermos

Concentración de Afectados diante de Novagalicia Banco (Arquivo)/Tresyuno Comunicación

Afectados polas Preferentes do Baixo Miño estarán este mércores, día 26 en Lalín onde están citados a declarar, nun xuizo de faltas, Juan Freiría e Lois Bahúlo, que “a pesares das súas enfermidades mentais foron estafados por este producto tóxico”, polos feitos acontecidos en Silleda durante a toma de investidura do presidente da Deputación.

Segundo lembra a Plataforma, Lois Bahúlo ten unha discapacidade mental dun 60%, debido a un accidente de tráfico, “cuia indemnización está atrapada neste producto tóxico”; no canto de Juan Freiría, de avanzada idade, “está con tratamento psiquiátrico debido a morte repentina do seu fillo, e, lamentábelmente fai aproximadamente uns quince dias, sofriu un derrame cerebral que lle fixo perder visibilidade no ollo esquerdo”.

No caso de Juan, nun primeiro momento, recibira unha sanción “pola banda da Subdelegación do Goberno”, a cal ficou arquivada, aceptando o recurso presentado. “A nosa sorpresa foi ao recibir esta nova, por vía civil, pois normalmente, non te poden xulgar dúas veces polo mesmo feito”.

A Plataforma de Afectados adianta que “evidentemente, tanto Lois coma Juan, debido a súa situación mental non van prestar declaración” e, por iso, achegaranse representantes das plataformas do País para facer unha condena “ante esta sangrante e surrealista situación na que afectados enfermos e discapacitados son reprimidos e xulgados, mentras os responsábeis desta estafa masiva nen tan sequera están a ser investigados”.

 

También te puede interesar