Comarcas

Unha empresa de O Rosal conquire unha marmelada de mirabel, ecolóxica que pode consumirse todo o ano

Con motivo do Forum Gastrónomico de A Coruña 2014, a empresa Froitas do Rosal, presentará o seu novo produto, a ‘Marmelada Extra de Mirabel do Rosal’ 100% ecolóxica. Segundo os responsables da firma “será unha nova forma de degustar a froita galega gourmet por excelencia durante todo o ano, fóra da súa breve estacionalidade”.

Trátase dunha marmelada de alta calidade de elaboración artesanal, onde a froita ocupa un 70 % do seu contido, sen aditivos e conservantes artificiais, onde predominan os sabores e aromas característicos da propia froita.

‘Froitas do Rosal’, subliñan que deste xeito “damos un paso adiante na posta en valor dunha froita local de alta calidade”, e comercializará a marmelada baixo a marca comercial “Alén do Val”, a cal, “tentaremos posicionar nas mellores tendas gourmet de España”.

O mirabel é un pequeno froito, de tamaño pouco maior que unha cereixa grande, que foi traído dende a Selva Negra alemá ata o Rosal por un mestre da localidade, Xosé Sánchez García. O mirabel aclimatouse perfectamente nas terras do Rosal e na actualidade, coas novas plantacións, existe unha produción anual importante de mirabel no Val do Rosal, o cal se comercializa tanto ten fresco como transformado.

 

También te puede interesar