Vigo al minuto

A Universidade de Vigo ingresou 31,6 millóns de euros en 2013 procedentes de investigación, desenrolo e innovación

A Universidade de Vigo ingresou máis de 100 millóns de euros procedentes de I+D+i entre 2010 e 2013. Segundo o reitor, paralelamente ao crecemento dos ingresos por este concepto, foron chegando os recortes das administración.

Así, o ano pasado, a Universidade ingresou 31,6 millóns de euros – un 24% máis que en 2012- procedentes de convocatorias de proxectos de investigación galegos e europeos, contratación de I+D+i e, sobre todo, procedente de proxectos institucionais de investigación, desenvolvemento e innovación, ademáis indicou Salustiano Mato, o pasado ano, xeráronse 573 postos de traballo directos e indirectos, vinculados á I+D+i.

Outra fonte de ingresos, no ámbito da I+D+i, foron as contratacións realizadas á Universidade, que en 2013 alcanzaron os 8,5 millóns. Os departamentos de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, e de Recursos Naturais e Medio, foron os primeiros en volume de contratación.

No balance realizado, o reitor tamén achegou datos referidos á transferencia en 2013, cun total de 155 actividades, entre servizos tecnolóxicos e a empresas e grupos de investigación, patentes nacionais e internacionais, contratos de licenza e creación de empresas de base tecnolóxica.

 

Te podría interesar