Galicia

A Xunta aproba un Plan de Emprego que subvencionará con 200 € as empresas que contraten a rapaces que non estuden nin traballen

O Consello da Xunta aprobou este xoves un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millóns de euros e que aspira a beneficiar a máis de 95.000 persoas menores de 30 anos e en situación de desemprego. Entre as súas principais medidas atopan a de potenciar os contratos duais e incentivar por primeira vez, en palabras da conselleira de Traballo, “mozos nini, que non estudan nin traballan”.

Beatriz Mato, que compareceu tras o Consello da Xunta co presidente Feijóo, destacou que o seu departamento “reforzará” neste plan a súa aposta polo contrato de formación dual, dirixido a menores de 30 anos e que permitirá aos beneficiarios acceder a experiencia laboral cun salario acorde co convenio colectivo. Simultaneamente, a empresa ofrecerá formación certificada correspondente a un período “nunca inferior ao 25% do tempo de traballo”.

A conselleira destacou que en 2013 foron 85 as persoas que obtiveron un contrato deste tipo e apostou por formular “melloras” e potenciar a súa difusión, toda vez que a Xunta difundirá unha orde que recolle “expresamente” a decisión da administración galega de subvencionar “o cen por cen” da formación que reciban os mozos contratados por esta vía.

Entre as medidas que Mato calificou de “máis novedosas” o novo programa da Xunta “ofrecerá aos ‘nini’ galegos inscritos no Servizo Público de Emprego unha atención personalizada” e que, por primeira vez, se incentivará a súa contratación. De feito, contémplase unha axuda de 200 € ao mes durante período máximo dun ano para as empresas que contraten a novos con este perfil.

 

También te puede interesar