Galicia

A Xunta aproba un Plan de Emprego que subvencionará con 200 € as empresas que contraten a rapaces que non estuden nin traballen

O Consello da Xunta aprobou este xoves un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millóns de euros e que aspira a beneficiar a máis de 95.000 persoas menores de 30 anos e en situación de desemprego. Entre as súas principais medidas atopan a de potenciar os contratos duais e incentivar por primeira vez, en palabras da conselleira de Traballo, «mozos nini, que non estudan nin traballan».

Beatriz Mato, que compareceu tras o Consello da Xunta co presidente Feijóo, destacou que o seu departamento «reforzará» neste plan a súa aposta polo contrato de formación dual, dirixido a menores de 30 anos e que permitirá aos beneficiarios acceder a experiencia laboral cun salario acorde co convenio colectivo. Simultaneamente, a empresa ofrecerá formación certificada correspondente a un período «nunca inferior ao 25% do tempo de traballo».

A conselleira destacou que en 2013 foron 85 as persoas que obtiveron un contrato deste tipo e apostou por formular «melloras» e potenciar a súa difusión, toda vez que a Xunta difundirá unha orde que recolle «expresamente» a decisión da administración galega de subvencionar «o cen por cen» da formación que reciban os mozos contratados por esta vía.

Entre as medidas que Mato calificou de “máis novedosas” o novo programa da Xunta «ofrecerá aos ‘nini’ galegos inscritos no Servizo Público de Emprego unha atención personalizada» e que, por primeira vez, se incentivará a súa contratación. De feito, contémplase unha axuda de 200 € ao mes durante período máximo dun ano para as empresas que contraten a novos con este perfil.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.