Sucesos

Ingresada na UCI unha muller de 73 anos logo de ser atropelada en Monforte

E.C.R, de 73 anos de idade, resultou ferida de carácter grave tras ser atropelada a pasada no concello lucense de Monforte de Lemos e permanece ingresada na UCI do hospital da capital lucense con politraumatismos.

Segundo o 112, foi trasladada ao Hospital Comarcal de Monforte, pero dado o seu estado, foi derivada ao Hospital Lucus Augusti de Lugo.

O acidente prodúxose pasadas as 9 da noite deste martes e foi un peón o que alertou a Emerxencias da gravidade do suceso, polo que foi solicitada unha ambulancia do 061 e mobilizouse a Policía Local, efectivos de Protección Civil e personal sanitario do PAC de Monforte.

 

También te puede interesar