En Galicia as mortes por gripe cífranse en 21 falecidos

Desde que comezou o periodo invernal, na comunidade galega o número de falecidos debido ós síntomas gripais incrementouse ata chegar a cifra das 21 persoas. Actualmente, o número de ingresados que continúan hospitalizados son un total de 153 cidadáns, dos cales 35 atópanse na sección especializada de vixianza da Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

Do conxunto dos 21 falecidos rexistrados nas diversas redes sanitarias, o maior número de casos rexistrouse no Complexo Hospitalario de A Coruña, cun total de sete defuncións. Na zona de Pontevedra e o Xeral Cíes de Vigo contabilizaron tres falecidos, súmanse a tráxica cadea o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o Meixoeiro de Vigo, e o hospital de Ferrol, con dous pacientes en cada un deles. Finalmente en Ourense e Lugo, os hospitais cifraron a morte de un falecido en cada espazo clínico.

As fontes responsables da Consellería de Sanidade señalaron que continúa o descenso da onda de gripe, alcanzado o seu pico de máximo apoxeo actualmente ubícase na fase decrecente.

 

También te puede interesar