As organizacións estudantís galegas Comités, Liga e Agir convocan folga no ensino contra a LOMCE e os recortes este xoves día 20, «xornada na que tamén se celeberarán manifestacións por todo o país». Dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público se «fai un chamamento os centros e o profesorado para que faciliten a participación do estudantado no paro e nas mobilizacións».
Segundo explicaron as organizacións convocantes, a folga ten como obxectivo denunciar os recortes na educación e as consecuencias que traerá consigo a aplicación da LOMCE – a coñecida coma Lei Wert- polo que ten de “privatizadora, clasista, confesional, españolizadora e uniformizadora”, que non son outras que «o desmantelamento do ensino público galego».
Diante disto, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anima ao profesorado a que, na medida das súas posibilidades, tamén participe nas mobilizacións convocadas, entre elas a de Vigo- as 12 na Praza de América-.