Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 70 persoas debido a 51 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do pasado venres e as 12 da noite desste luns.

Neste tempo a central do 061 recibiu 64 chamadas en relación con accidentes de tráfico, os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 59: as ambulancias medicalizadas realizaron catro saídas; as asistenciais, 51; e as convencionais, unha; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en tres ocasións.

En 58 casos os feridos foron levados aos centros hospitalarios correspondentes; nunha ocasión a un centro de Atención Primaria; e 11 pacientes recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado.

A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 49 e 51 %, respectivamente. En canto ás idades dos feridos, un 27% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos de idade.

A Coruña, con 21 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos da fin de semana; seguida de Pontevedra, con 19; Ourense, con seis; e Lugo, con cinco.

 

También te puede interesar