RGPD - Cookies

Afectados polas Preferentes non consiguen compromiso algún do vicepresidente Rueda, este sábado en Tui

Aforradores, este sábado pola mañá en Tui

Preto de 60 membros sa Plataforma de Afectados polas Preferentes de Baixo Miño e Pensionistas Emigrantes retornados, concentráronse este sábado en Tui para recibir ao vicepresidente da XCunta- quen acudía á inauguración dun curso da UNED sobre o Camiño de Santiago- para pedirlle que os recibise.

Alfonso Rueda sí se detivo a escoitar as súas demandas pero non se comprometeu a tomar decisión algunha, “non o podo facer, hoxe, porque me paren aquí”, dixolles aos aforradores, limitándose a citalos “cando teñamos algo concreto que comunicar e que sexa interesante para todos”.

Pola súa banda, a Plataforma do Baixo Miño comentou a súa perplexidade no tema das multas aos aforradores por saír á rúa, “non comprendermos como os máximos responsábeis da Policía Local de Tui, o alcalde e o concelleiro da Policía Local, en pleno extraodinario, condenan a represión aos afectados, piden a retirada das sancións impostas, e no derradeiro pleno ordinario, formulan un certificado plenario admitindo presuntas irregularidades, e solicitan a revisión dos expedientes sancionadores, e, a súa vez, envían non se sabe qué probas á Fiscalía, nas que supostamente se demostra a legalidade das mesmas, no canto de esixir e enviar probas á Fiscalía para que se investigue o roubo das preferentes, así se poidan recuperar os aforros atrapados”.

Afectados agardando a chegada do vicepresidente Rueda

Os Afectados aseguran que o certo é que os axentes da Policía Local teñen que cumprir ordes, pois non deixan de ser traballadores públicos, “non é a primeira vez que isto acontece, nestes últimos días,traballadores da TVG admitían presión para que non se emitirira ou fose manipulada a información que tiña que ver coa estafa das preferentes”, por iso, salientan, non se dirixen contra os axentes, senon contra o máximo responsábel da Policía Local, “que un día admite as irregulariedades, e, uns días despois nos topamos con esta nova na prensa”.

A Plataforma subliña que non é a primeira vez, que un axente da Policía Local de Tui denuncia ao portavoz da plataforma do Baixo Miño, Xulio Vicente, “ao cal a xustiza deulle a razón e saíu absolto…cecáis hai por aí unha obsesión amor-odio cara o portavoz que explicaría as situacións tan surrealistas que se están a levar a cabo”.

Os aforradores engaden que “a realidade é que o Partido Popular, a traverso de sancións administrativas, reprime aos afectados para que estes se amedrenteten e salan da rúa, mais a xustiza séguenos a dar a razón”. Onte mesmo a Plataformas do Baixo Miño tivo coñecemento de que a denuncia presentado polo Congreso dos Deputados contra Vanesam unha das súas  integrantes que “estivo presente o día que legalizaron a quita-roubo no Congreso dos Deputados”, ficou arquivada 😮 xuez Bermúdez non viu delito algún, “a iso chámase liberdade de expresión, liberdade que a máis dun lles molesta moito”.

 

También te puede interesar