Galicia

A privatización dos rexistros suporá o pago de ata 40 € por trámites como o nacemento, a morte ou o matrimonio

Segundo denuncian as centrais sindicais, a medida suporá ter que pagar por trámites que até o de agora eran gratuítos, como a certificación de nacemento e morte, a inscrición de matrimonios e divorcios ou a petición de nacionalidade. Segundo calculan, os aranceis que percibirían os rexistradores oscilarían entre os 10 e os 40 € segundo o trámite.

Ao mesmo tempo, lembran que nos últimos anos se investiron 128 millóns de euros de fondos públicos na informatización dun servizo “que ten un 100% de efectividade, polo que non entendemos a decisión, a non ser que sexa para darlles máis funcións aos rexistradores para evitar que se convertan en funcionarios públicos como no resto de Europa, e polo tanto teñan unha retribución establecida”.

Las centrales subrayan que a privatización “tamén lles suporía un negocio moi lucrativo, xa que os arredor de 800 rexistradores do Estado español repartiríanse os 1,3 millóns de trámites anuais logo da desaparición dos partidos xudiciais e dos Xulgados de Paz, que son os que desenvolven o 80% do traballo do Rexistro Civil”.

 

También te puede interesar