Vigo al minuto

Milleiros de personas, nas rúas da cidade para denunciar o “desmantelamento da sanidade pública en Vigo”

A cabeceira da manifestación baixando Gran Vía/Tresyuno Comunicación

Milleiros de personas atenderon o chamamento de SOS Sanidade Pública e, dende as 8 da tarde deste xoves – na manifestación maís numerosa de cantas se celebraron en Vigo pola sanidade pública- camiñaban (á hora de redactar esta información) polo centro, logo de sair da Praza de España.

Detrás dunha faixa na que se leía ‘Paremos o desmantelamento da sanidade pública na Área de Vigo’ os manifestantes baixaron por Gran Vía para amosar “a velocidade coa que a Xunta está acabando coa sanidade pública na zona de Galicia na que hai máis personas que dependen dela”.

Os convocantes denunciaron que o goberno galego decidise que os doentes da Área de Pontevedra e o Salnés “que tiñan de referencia o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pasen a agora a ter como tal o de Santiago”.

SOS Sanidade Pública advirte que os pacientes de Oncoloxía, Radioterapia, Ciruxía Torácica, Neurociruxía, Ciruxía Pediátrica, Fecundación in Vitro e Ciruxía Plástica, pasan a depender de Santiago, unha medida que, alerta, “perxudica á cidadanía don concellos da Área de Vigo, e atenta contra os intereses profesionais, o nivel científico, a docencia e a investigación na nosa cidade”.

Na actualidade, a área sanitaria de A Coruña tiña una poboación de referencia de 1,1 millóns de personas, Santiago 450.000 e Vigo 1,2 millóns, “dita distribución realizarase a expensas da Área de Vigo da que se sustraen 300.000 personas en beneficio de Santiago, sen tocar a poboación de A Coruña que está a 70 quilómetros da capital de Galicia”.

Na opinión de SOS Galicia, “con esta medida Feijóo sustrae da Área Sanitaria de Vigo recursos orzamentarios, tecnolóxicos e humanos vitais para a calidade dos servizos prestados”. Mentres, continúa SOS Sanidade Pública, “as demaís áreas dispoñen dun hospital público, a Área Sanitaria de Vigo encamíñase a un Novo Hospital privatizado, recortado sobre o proxecto inicial, con insuficientes recursos profesionais e técnicos como convén ao hospital privado Povisa”.

 

También te puede interesar