Vigo al día

Traballadores do Meixoeiro denuncian que son xa 41 as camas inutilizadas no hospital

Segundo os traballadores do Hospital do Meixoeiro, este mércores eran xa 41 as camas que estaban inhabilitadas no centro, logo de que aumentasen os problemas causados polo mal tempo- co aumento da entrada de auga, “que xa afecta, cando menos, a catro plantas”– aos que hai que sumar as deficiencias estructurais do edificio, “as dúas cousas sen trazas de repararse”.

Así é, os responsables de Sanidade non adiantan unha data de inicio das obras nas fachadas do hospital e, menos aínda, falan do custo dunha remodelación que, como indican os traballadores, “tiña que estar feita hai, polo menos, 5 anos que foi cando se soubo que había problemas”.

O número de camas ‘pechadas’ e maís do recoñecedo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), dende donde admitiron que o total era de 35. Eso sí, ainda que recoñecen que a situación non é a que debería, subliñan que o feito de non dispor de 41 camas non afecta á actividade asistencial.

Ademáis diso, os traballadores levan semanas advertindo de que hai un colapso “casi endémico xa” de pacientes en Urxencias, de feito, este mércores 13 deles estaban pendentes de ingreso, “porque non hai camas”. ¿Cómo se está a solucionar o problema?...”temos que ‘axilizar’ as altas e, ao tempo, derívanse pacientes a Fátima”, co que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) ten un acordo conforme ao cal manda doentes cando os hospitais públicos están cheos, “algo que fai moito máis fácil o feito de que más de 40 camas non se poidan usar”.

A todo isto súmanse as dúbidas sobre o custo de mandar esos pacientes a centros privados, “máis o do convenio asinado con hospitais como Fátima”, e “cántas operacións tiveron que suspenderse xa, pola falla de camas”.

 

También te puede interesar