Vigo al minuto

Manifestación, este xoves en Vigo, contra o “desmantelamento da sanidade pública na cidade”

SOS Sanidade Pública convoca este xoves en Vigo (8 da tarde na Praza de España), unha manifestación para denunciar o “desmantelamento” sa sanidade pública na área da cidade algo, que salienta, acelerouse logo de que a Xunta decidise que os doentes da Área de Pontevedra e o Salnés “que tiñan de referencia o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pasen a agora a ter como tal o de Santiago”.

SOS Sanidade Pública advirte que os pacientes de Oncoloxía, Radioterapia, Ciruxía Torácica, Neurociruxía, Ciruxía Pediátrica, Fecundación in Vitro e Ciruxía Plástica, pasan a depender de Santiago, unha medida que, alerta, “perxudica á cidadanía don concellos da Área de Vigo, e atenta contra os intereses profesionais, o bivel científico, a docencia e a investigación na nosa cidade”.

Na actualidade, a área sanitaria de A Coruña tiña una poboación de referencia de 1,1 millóns de personas, Santiago 450.000 e Vigo 1,2 millóns, “dita distribución realizarase a expensas da Área de Vigo da que se sustraen 300.000 personas en beneficio de Santiago, sen tocar a poboación de A Coruña que está a 70 quilómetros da capital de Galicia”.

Na opinión de SOS Galicia, “con esta medida Feijóo sustrae da Área Sanitaria de Vigo recursos orzamentarios, tecnolóxicos e humanos vitais para a calidade dos servizos prestados”. Mentres, continúa SOS Sanidade Pública, “as demaís áreas dispoñen dun hospital público, a Área Sanitaria de Vigo encamíñase a un Novo Hospital privatizado, recortado sobre o proxecto inicial, con insuficientes recursos profesionais e técnicos como convén ao hospital privado Povisa”.

 

También te puede interesar