Vigo al día

A Universidade achegará este ano 1,5 millós a axudas á investigación

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou este mércores que a institución académica invista en 2014 máis 1.500.000 € en axudas á investigación dos preto de 1.150.000, o 76%, serán para alumnos de másters e colaboradores en centros de investigación.

Mantense, deste xeito, o mesmo orzamento en axudas á investigación que o curso pasado segundo subliñou a vicerreitora de investigación, “nestes momentos de dificultades económicas, prestouse especial atención a seguir apoiando o persoal en formación, a través de bolsas e axudas á mobilidade”.

As modalidades de axuda inclúen contratos programa con grupos de investigación, achegas á preparación de proxectos internacionais de I+D, subvencións para a organización de congresos e exposicións artísticas, programas para formación e mobilidade e subvencións para laboratorios. Ademáis, aprobouse aplicar “novos recoñecementos e desgravacións” para persoal docente e investigador que exerza labores de tutorización e seguimento de estudantes con minusvalidez e a docentes que impartan materias en lingua inglesa en titulacións nas que esta lingua sexa vehicular.

Pola súa banda, o representante dos estudantes solicitou ao equipo de goberno que, de cara ao próximo curso, se volva reducir a recarga aplicada aos estudantes que se atrasan no pagamento da matrícula, e pase dun 10 a un 5%, medida que a Vicerreitoría de Economía comprometeuse a estudar, logo de lembrar que a universidade viguesa é “a única que permite fraccionar o pagamento en seis prazos”.

 

También te puede interesar