Vigo al minuto

Os traballadores de Freiremar seguen coas súas mobilizacións

Os empregados de Freiremar volveron concentrarse este martes ante a delegación da Xunta en Vigo para reclamar solucións ao seu caso, á espera de que se celebre o xuízo pola demanda de impugnación de despedimento colectivo- previsto, segundo soubo esta redación, para o vindeiro 25 de marzo-.

O voceiro dos traballadores lembrou que a firma segue adebedando a cada traballador despedido – en total 104 en Vigo- entre 2.500 e 4.000 €, segundo o caso, e criticou que o administrador concursal «só fala coa empresa e aínda non se reuniu cos empregados”.

As sospeitas da plantilla seguen sendo que Freiremar funcionaba cunha armazón societario de máis de 60 sociedades e os indicios de que puidese incorrer en prácticas fraudulentas, para desviar perdas ás empresas que executaron os despedimentos.

Polo que se refire ás instalacións na cidade, sinalou que Freiremar estivo a retirar mercadoría dos frigoríficos, aínda que recoñeceu que os traballadores non teñen información precisa de cánta materia prima queda aínda nos almacéns.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.