Vigo al día

Centos de personas saen á rúa en Vigo para apoiar a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

A manifestación saíndo da Praza de España, este domingo, pasadas as 11 e media da mañá/Tresyuno Comunicación

Desafiando á choiva que caía sobre Vigo pasadas as 11 e media da mañá deste domingo, centos de personas manifestáronse dende a Praza de España, por Gran Vía e Urzaíz, ata o centro, para esixir o “indulto inmediato” para Serafín Rodríguez (CIG) e Carlos Rivas (UGT), condenados a tres anos de cárcere por participar nun piquete nunha folga de transporte en abril de 2008

Berrando lemas comonon pode ser, non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder” ou “non son ladrones, son traballadores”, os concentrados, levando unha faixa na que podía lerse ‘Defender os dereitos da clase traballadora non é un delito’, clamaron contra unha condena que consideran “desproporcionada e inxusta”.

Os manifestantes resgardándose da choiva en Urzáiz

Hai que lembrar que, en 2008, Serafín e Carlos participaban nunha manifestación na rotonda de Bouzas, xunto a unhas 80 persoas e alí, a policía lles esixiu que se identificasen, chegándolles un tempo máis tarde a citación da xuíza. Non obstante, eles rexeitaron estar a facer actos vandálicos ou impedir que os traballadores acudisen ao seu posto de traballo, de feito non foron detidos e non hai denuncia algunha nin de particulares nin de empresas polos feitos que os tribunales consideraron como un delito.

Concentración na Farola de Urzáiz

Ademáis do apoio das centrais sindicais, organización cidadás, asociacións e milleiros de personas de dentro e fora de Galicia, Carlos Rivas e Serafín Rodríguez contan co respaldo do BNG- que presentou no Congreso dos Deputados unha petición para que sexan indultados polo Goberno- do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, e do alcalde quen recibiu aos dous condenados no Concello e comprometeuse a plantexar o seu indulto ao Goberno do Estado.

 

También te puede interesar