O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a directora do Instituto Confucio en España, en España, Li Zhang, analizaron este sábado as posibles vías de colaboración para que alumnos galegos poidan ter becas para estudar chinés no país oriental.
Nun encontro mantido hoxe en Ourense, no marco da celebración do ano novo chinés, Jesús Vázquez e Li Zhang consideraron esta posibilidade facilitada pola disposición do Instituto Confucio a becar a alumnos das Escolas Oficiales de Idiomas (EIO) de Galicia, de xeito que poidan viaxar a China a estudar a lingua daquel país e, ademáis, para aqueles galegos que queran exercer como profesores de chinés, de xeito que cursen másters en China.
O Instituto Confucio comprometeuse a seguir a súa colaboración e seguir mandando a Galicia auxiliares de fala ás Escolas Oficiales de Idiomas galegas, que se engadirían aos catro que xa traballan en Galicia. Ademáis, Vázquez e Zhang acordaron que os estudantes galegos poda facer as probas oficiais de certificación de chinés na Escola Oficial de Idiomas de Ourense.
A oferta da aprendizaxe de chinés en Galicia medrou de xeito notable os pasados anos, circunstancia que vai da man do desenrolo económico do xigante asiático: dende o curso 2008-2009 o número de estudantes desta lingua medrou máis dun 85%, pasando de 260 a 500.
Li Zhang, que está en Galicia dende o venres para participar na celebración do ano novo chinés-o Ano do Cabalo– organizada por Educación na Escola Oficial de Idiomas de Ourense, participou este venres nun acto que se iniciou ás 7 da tarde co baile do Dragón, no que se utilizou un dragón confeccionado artesanalmente en Galicia; a presentación do traballo realizado por Peibin Tang, profesor voluntario do Hanban – Instituto Confucio; a conferencia: As celebracións de Aninovo en China, a cargo de Modesto Corderí, ex-alumno da Escola e licenciado en Filología chinesa pola Universidade de Pekín; ‘A Orixe do Taichi Yang’, a cargo de José Gago. Sexto dan Federación Española de Iudo. Mestre Nacional Wushu. Profesor do Departamento da Universidade de Handan, China.