RGPD - Cookies

Aumenta a ‘vermella’ a alerta na costa de Pontevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ven de aumentar a ‘vermella’ alerta na costa da provincia de Pontevedra. Para este sábado xa estaba activado o o mismo nivel de risco- extremo- por temporal na costa das provincias da Coruña e de Lugo. Nestas zonas haberá mar de fondo combinada con mar de vento do oeste-noroeste con ondas de entre nove e dez metros de altura.

O litoral de Pontevedra permanecía en alerta laranxa -risco importante que xa alertaba de mar combinada de oeste-noroeste e ondas de entre cinco e oito metros- pero acaba de subir a vermella.

Así mesmo, continúa o nivel laranxa decretado hoxe por vento en terra en toda a provincia da Coruña, na Mariña lucense e nas Rías Baixas, con refachos que poderán acadar ata os 120 quilómetros/hora nalgunhas zonas.

 

También te puede interesar