Vigo al día

Membros da Comunidade de Montes de Cabral denuncian xudicialmente a Asamblea Xeral do 1 de decembro

Protestas nunha reunión da Asamblea da Comunidade de Montes de Cabral (arquivo)/Tresyuno Comunicación

Membros da Comunidade de Montes en man común de Cabral, que se oponen a Porto Cabral presentaron este xoves nos xulgados unha demanda na que denuncian irregularidades nas contas que foron á última Asamblea Xeral da Comunidade, o pasado mes de decembro.

Na súa opinión, houbo unha “falla de transparencia” na dirección á que acusan de facer “negocio inmobiliario” comprando terreos sen informar aos membros da Comunidades e “sen ter a aprobación da Xunta, tel e como indica a lei”.

Os denunciantes subliñan que para a compra dos terreos a directiva “empregou uns cartos que ian vir do desenrolo de Porto Cabral, pensando que cos ingresos os gastos quedarían camuflados”. O problema, indicaron, é que ao non haber Porto Cabral “xa non cadran as contas, como pódese ver no déficit de máis de dous millóns”, deixando o ‘saldo económico por baixo dos 3 millóns, o que “pon ao descuberto un desfase de 3.600.000 € dende 2011”.

Estos comuneros subliñan que ainda que as contas apróbanse por anos naturais, “para tapar as irregularidades a directiva presentou contas correspondentes a un período dun ano e 9 meses: todo 2012 e 9 meses de 2013”, por este motivo decidiron pedir que se anule a asamblea, “para que non poidan decir que as contas estaban aprobadas e que quede tapado todo esto”.

Ademáis delo, os denuniantes indicaron que dos 520 membros da Asamblea, “276 votaron en contra das contas, balance e a xestión dos anos 2012 e 2013″ na reunión celebrada o pasado 1 de decembro, a pesar do que o presidente “declarounas aprobadas, desprezando a vontade maioritaria”. Engaden a esta circunstancia o feito de que “nin nos deixaron intervir no que se refire ás contas nen deron explicacións sobre a venda dos terreos e tampouco permitiron impugnar a xunta diante da directiva, para o cal tiñamos 15 días nos cales as oficinas da Comunidade de Montes estiveron pechadas”.

 

También te puede interesar