Comarcas

Louzán anuncia que pagará a extra de Nadal aos funcionarios da Deputación e admite que foi un erro retirarlla

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán/Tresyuno Comunicación

Non é nada habitual que un responsable público recoñeza un erro, menos ainda que o faga públicamente e casi inaudito que, ademáis, rectifique. O presidente da Deputación de Pontevedra, amosouse decidido a aboar a paga extra de Nadal de 2012 a «tódolos funcionarios» da institución tras admitir que o Goberno «non tomou a mellor decisión».

Rafael Louzán anunciou esta decisión tras entrevistarse co presidente nacional da Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF), Miguel Borra, que acudiu á reunión acompañado polos responsables deste sindicato en Galicia e na provincia de Pontevedra.

O encontro coincidiu coa publicación da sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra que recoñeceu este luns o dereito de 135 traballadores laborais do ente provincial a percibir a extra de decembro de 2012 na contía que corresponda baseándose nos servizos prestados polo período devengar do 1 de xaneiro ao 14 de xullo daquel ano. Así, o xulgado decretou o abono tras aceptar unha demanda dos sindicatos CSIF, Comisións Obreiras, UGT e CIG.

Respecto ao resto de funcionarios, máis de 700, Rafael Louzán recoñeceu que «quedan nunha situación diferente ao resto de laborais», e asume «que non deberían quedar fóra», polo que entende que «hai que recoñecer que a decisión non foi ben tomada no seu momento».

«Temos que respectar, e eu o primeiro, as decisións tomadas polo Goberno, pero pódese comprobar con esta sentenza que non se tomou a decisión do mellor xeito posible», admitiu o mandatario popular, «porque senón, non se entende que estean saíndo unha tras outra sentenzas favorables aos intereses dos traballadores», engadiu.

Aínda que o fallo se pode recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o presidente da Deputación acatará a sentenza e admitiu sentilo polos traballadores. «Dende esta institución hai unha satisfacción xeneralizada polo seu traballo», sentenciou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.